sábado, 21 de mayo de 2016

Un premio que nos emociona!!!


E porqué esa emoción? pois porque é o resultado de moooitos esforzos, de moooitas ilusións, de taaantas persoas... Comezamos a andadura "VOZ NATURA" no curso 2012-13, cando a profe Elena propuxo participar e foi ese primeiro ano a coordinadora; chegaron logo os seguintes tres cursos, nos que o profesorado do noso Cole foi acollendo case amorosamente como "elementos habituáis" nas aulas, no patio e na Sala de Mestres "montes e moreas" de botellas de plástico,botes,tapas e tapóns, caixas e outros moitos "refugallos" que sempren andan por medio e forman xa parte da nosa identidade.
Tamén sementes, terra, prantas e frores, receitas e obradoiros, libros de remedios naturáis, sachiños e palas,regadeiras e cabazas: poden aparecer na aula de Moni e as raniñas, ou na de Marta e as súas abelliñas ou na dos maiores ,os coelliños de Elena.Pero elas, as super-profes fan sempre un exercicio de coherencia permanente; clasificando e reciclando en cada merenda, en cada actividade; empregando materiáis de refugallo e elementos do entorno para elaborar adornos de nadal, material didáctico, actividades de plástica e mil cousas máis; valorando o traballo da horta,incorporando contidos aos Proxectos de aula, coidando as sementeiras da aula e un longo etc
E qué dicir de superteacher? sempre valorando,animando, visibilizando ata nos Maios os diferentes proxectos de "VOZ NATURA": un polbo para "Con oLLos de peixe", un espantallo "Cós pés na Terra" e un chulísimo planeta para "Un paso adiante"!ou en atención educativa,no vocabulario de inglés,en psico...
A Biblioteca, ben o saben Mariola, Marta PT e agora Rafa...tamén é "verde": os fondos bibliográficos en temas ecolóxicos e ambientais se reforzan nestes cursos de xeito notable, para o alumnado e tamén para as familias.
E desde a coordinación de Tics foi Marta a artífice da cabeceira do noso blogue: "QuéroT verde" pode pretender ser unha fermosa idea, unha minifrase que quere dicir e transmitir moito...pero o deseño e as "titorías" para poder levalo adiante, teñen nome propio.
Qué dicir do noso alumnado,o motor de todo?pois que é o mellor do planeta Terra!! ao igual que as nosas Familias!!
Sempre asumindo responsabilidades,sempre coas 3R presentes, participando activamente en todas e cada unha das propostas,facendo espantallos ou ArteLixo, apadriñando e vestindo as árbores ou remenxendo actitudes e incorporando moitas outras,en obradoiros de "MartesChef", facendonos sentir que si é posible un mundo máis xusto e sostible. E confiando en nós...ese sentimento que para calquera profe é o mellor agasallo, nos si?
A nosa Horta das 7 lúas ten tamén moitos mecenas que fixeron e fan posible a súa continuidade e que nos ensinaron...taanto!! : Manu-Presi foi o primeiro,e tanto lle daba facer uns bancáis reutilizando palés como ensinarnos vermes californianas ou traendo directamento esterco á horta;Juan (Impórtanos.org)e Belén Fervenza & Laura Casal, que con cada visita de traballo que nos facían chegaba ata a sempre necesaria chuvia e moitas risas;tamén Antón Lois,Susana e Teo...todos eles "Amigos da Terra" e tamén para sempre amigos da EEI Monte da Guía.
A Comunidade de Montes de Teis, ZonaTeis, Centro Cívico e Plan Comunitario de Teis. Voces polo Litoral, CSIC,Salvamento marítimo, ANPA: todos dispostos a dar pulo e apoio a cada un dos nosos Proxectos, sempre. Fran,o noso conserxe, que pon sempre a nota de cor e seguridade no Centro e a conserxe Chus que fixo das rodas un novo Arte, que o mesmo argalla un xardín vertical con botellas que lle da ese toque de maxia có pincel a calquera recunchiño do xardín ou inunda o Cole de casiñas para os paxariños...e nos "ratos libres" fai dúo coa nosa coidadora. na horta ou no xardín e limpan,sachan ou prantan canto ven das mans de Luz da que ademáis aprendemos moitas cousas novas! Grazas a AZ, a Zazu, Erea e Andoni por recoller a idea de "falar en verde" con todas as linguas e de todos os xeitos,ben alto e forte:tamén na LS!
Grazas, de corazón a todos e a todas e a "VOZ NATURA" pola súa confianza e recoñecemento!

2 comentarios:

Yolanda dijo...

Grazas a ti Chus... pola tua xenerosidade, pola tua entrega, polo teu esforzo, pola tua amabilidade, polo teu tempo..por esas palabras bonitas q sempre tes dos nosos fillos e fillas...por todo iso Chus cada día estamos mais contentos de habernos decidido por esta escola,... pola nosa escola!!
Grazas Chus e todo o equipo do monte da guía, grazas, moitas grazas por facernos crer e soñar, por facernos partícipes deste proxecto, dun gran proxecto chamado escola monte da Guía!!! Por todo isto e moitisimas cousas máis simplemente GRAZAS!!!

Unknown dijo...

Garzas pola vos implicación en algo tan ferodo e facéndonos partícipes a toda a comunidade educativa. Grazas!!

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails