jueves, 14 de abril de 2016

Comezamos o último proxecto deste curso!

As abelliñas xa estamos traballando no noso último proxecto deste curso, que é... delicioso!!!

Despois de escoitar tooodos os seus intereses (que cada vez son máis!), coma sempre, fixemos a votación e estes foron os resultados: (premede nas imaxes para amplialas)


Así que nesas andamos! Pensando qué queremos cociñar, qué queremos aprender sobre os alimentos e organizando o traballo. Polo momento, xa temos claras moitas cousas: queremos facer pizza e galletas, queremos aprender cancións que falen de alimentos, queremos saber de onde veñen os ingredientes que se usan para cociñar, facer gorros de cociñeiro...

Como é un tema que dá moito xogo, a través da gastronomía traballaremos as intelixencias múltiples. Isto será o que faremos... Como? Como eles queiran!


Esta semana estamos preparando os nosos gorros, e xa empezan a chegar algunhas cousiñas das casas: utensilios, libros de receitas... e ata galletas! Graciñas sempre pola vosa colaboración!








No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails