sábado, 19 de marzo de 2016

Operación... biscoito!!

Todo comezou cun: "Profe, ¡hace mucho que no cocinamos!". Pois sí, é certo! "Queredes que fagamos algo nos últimos días?" "Sí!!! Un biscoito!"
E así foi a nosa última tarefa deste curso: buscamos receitas na casa, fixemos a lista da compra e dos utensilios que precisabamos para cociñar, fixemos a compra por internet (toda unha aventura! escribindo, comparando prezos...), recibimos a compra na clase e... todo listo para cociñar!!

Unha última semana de moito traballo pero que ben o pasamos! E estaba riquísimo!!!!

Unha vez máis, graciñas a todas as familias por colaborar nas nosas loucuras aportando utensilios, ingredientes, receitas... Por escoitar os "recadiños" dos vosos fillos e crer neles. Por motivalos cada día para vir ao cole con eses sorrisos e esa ilusión, que nos fai o día a día moi, moi sinxelo e divertido.

Despedimos o trimestre con este video! Disfrutade desta semaniña!!!


3 comentarios:

Yolanda dijo...

Grazas unha vez máis marta, nenos e nenas por emocionarnos e facernos ver q outra forma de aprender é posible!!! Noraboa!!!

Yolanda dijo...

Grazas unha vez máis marta, nenos e nenas por emocionarnos e facernos ver q outra forma de aprender é posible!!! Noraboa!!!

Tegriña dijo...

Graciñas a ti, Yoli, sempre, polas túas palabras!!! Biquiños!!!

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails