viernes, 4 de marzo de 2016

Na aula dos coelliños, imos facer amigos con Pilú Pilú.

Por fin, tivemos outra visita de Pilú pilú. Canto agarimo recibíu hoxe cando saíu da súa bolsiña!!!Enchémolo de bicos, apertas, coxegas.
Coma sempre trouxo un conto chulísimo "El piojo saltarín" e o seu agasallo..."gusanitos".






Pero tamén, trouxo unha carta, na que nos pedíu facernos amigos e amigas duns nenos e nenas pequenos doutro cole. pensa que podemos ensiñarlles moitas cousas, porque xa somos maiores. E que podemos compartir con eles os nosos contos e agasallos que lles fagamos.

Son os nenos e nenas de 3 anos dun cole de Vigo chamado "Sobreira Valladares". Pilú Pilú dixo que están a traballar sobre o mar e as illas Cíes, por iso mandámoslle na súa bolsiña o conto de "Barxilón" e os agasallos que fixemos: colares e pegatinas de barxilóns. Continuará...


No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails