sábado, 12 de marzo de 2016

Matemáticas larpeiras... con mininubes


Última sesión de matemáticas larpeiras deste trimestre na que traballamos a área de figuras xeométricas con mininubes.

Primeiro observamos as figuras sobre as que imos traballar e realizamos estimacións: En qué figura creo que caben máis mininubes? Recollemos todas as opinións nunha gráfica coa app Teaching Graphs:




Cantas mininubes caben no cadrado? Individualmente facemos estimacións... hai opinións para todos os gustos!






Seguinte paso... comprobamos! Chega o momento de traballar en equipo, no que temos que organizarnos para calcular a área de cada figura xeométrica e escribir os resultados:






Traballando o cálculo estimativo aprendemos a: razonar, desenvolver o pensamento hipotético, elaborar estratexias para obter un resultado preciso, empregar conceptos matemáticos en situacións reais, concebir o "non acerto" como parte do proceso de aprendizaxe, debatir e defender a miña opinión con argumentos lóxicos...

E a próxima semana... cociñaremos un pastel!!!


No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails