domingo, 28 de febrero de 2016

Matemáticas larpeiras... con galletas

Despois do "parón" do Nadal e o Entroido, as abelliñas retomamos as sesións de matemáticas larpeiras que tanto nos gustan. Esta vez con galletas!

Primeiro repasamos as formas xeométricas básicas, intentando adiviñar a forma dunha galleta só a través do tacto (moi doado no caso do círculo, non tanto para diferenciar cadrado e rectángulo sen mirar!).

Despois, todos aos seus postos! Coma sempre, estas sesións son de traballo en equipo: temos que repartir e compartir os materiais para que todos os membros participen na actividade, escoitar as opinións dos compañeiros, tomar decisións en grupo e elaborar un produto final en común.

Comezamos construíndo figuras coas galletas:


Fixeron unhas figuras chulísimas!



Despois, clasificaron as galletas segundo a súa forma xeométrica, contaron cantas había de cada, ordenaron os montóns de menor a maior e representárono gráficamente:







E por último, pero non menos importante... a comeeeerrrrr!!!




No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails