lunes, 29 de febrero de 2016

Comezan as conferencias de bechos na aula dos coelliños. Aquí tedes ao experto Tomás que nos ensinou cousas dos cempés.


Dentro do proxecto de Bechos que estamos a facer, comezamos cunha ronda de conferencias coas que imos aprender todos e todas de todos e todas. Unha actividade na que investigamos e preparamos na casa a información que decidimos aprender dos bechos (como son,o que comen, onde viven e algunha curiosidade). Logo aprendemos ainformación e preparamos os recursos que queramos para a exposición. E por último, facemos de relatores expertos, dando unha conferencia para ensinar aos nosos compañeiros e compañeiras.

O primeiro en facela, foi Tomás que nos falou dos cempés. Aquí tedes uns minutiños da conferencia e os cempés que debuxamos vendo a foto que trouxo.




CONFERENCIA TOMÁS from HELEN JUNE on Vimeo.

No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails