jueves, 26 de noviembre de 2015

Terceira sesión de matemáticas larpeiras... con sugus!!

Hoxe fixemos a terceira sesión de MATEMÁTICAS LARPEIRAS!! Como nos gustan!!! Esta vez para traballar cantidades parciais e totais, o control motriz debuxando a figura cadrada, a clasificación por cores e a organización do espazo de traballo.

Repartirmos unha manchea de sugus a cada equipo, e a primeira tarefa foi clasificar por cores e contar cantos sugus había de cada cor. Despois representárono gráficamente, tarefa non doada, xa que supón unha organización do espazo para transmitir axeitadamente a información.
E para os máis atrevidos, sumar todos os parciais para ver cantos sugus había en total na mesa.
Todo un reto, pero moooi divertido!! E delicioso!!

Aquí van algunhas mostras do traballo que fixeron estas super abelliñas!!


Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This slideshow design generated with Smilebox

No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails