miércoles, 17 de junio de 2015

AGASALLO PARA MÓNICA

Os maiores do cole quixeron facerlle un agasallo a súa querida profe Móni, unha vez que conseguiron algúns ingredientes que lle faltaban para levalo a cabo, xa que a ilusión o agarimo e a tenrura xa fai tempo que acampa nos seus corazóns, puxéronse mans a obra. Cada un debuxou e escribiu aquilo que desexaban que a profe lembrara deles, sairon cousas fermosísimas pero.... como non ía ser así se cada un deles ten dentro un anaquiño da profe Móni o igual que ela ten gardado como un tesouro un pouquiño de cada un dos seus nenos e nenas.
"Todas las personas mayores fueron al principio niños, aunque pocas de ellas lo recuerdan." Antoine de Saint-Exupery.
Sen dúbida os rapaces e rapazas da clase de cinco anos, os nosos maiores, lembrarán sempre a súa nenez cun sorriso.


Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This free photo slideshow customized with Smilebox

No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails