As abelliñas comezamos a facer pequenos traballiños colaborativos nos que temos que coordinarnos cos demáis para conseguir un obxectivo común.
- Traballando en equipo para decorar un elefante: tivemos que decidir entre todos con qué figura o iamos decorar (estrelas, corazóns, círculos...) e despois... mans á obra! Quedaron tan bonitos como os elefantes que pintan na India para festexar a primavera!
This free digital slideshow customized with Smilebox
|
- Traballando por parellas tamén a grafomotricidade, pero esta vez co iPad, fixemos un retrato de Gandhi e escribimos os nosos nomes co teclado.
Estas abelliñas cada vez voan máis alto!
1 comentario:
Un traballo e un proxecto fabuloso. Unha aperta e boa semana.
Publicar un comentario