domingo, 8 de marzo de 2015

Visítanos outra experta: Sara, nai de Iago!

Seguimos coas visitas dos expertos no tema dos bebés, e quen mellor que unha mami que está embarazadísima!! Nada máis chegar o primeiro que fixeron as abelliñas foi descubrirlle a barriga, quizáis querían comprobar se é verdade o que di a profe: que só podemos ver aos bebés facendo unha ecografía. E tocaron, e quixeron escoitar... Curiosidade a flor de pel!

Despois, puidemos ver na pantalla xigante a ELOI, o irmán de Iago que está dentro da barriguiña. E como ademáis era un video, encantounos ver cómo se movía, chupaba o dedo, pechaba os olliños...

Iago e Sara contáronnos un conto de Babette Cole e, para rematar, repartiron chupetes de gominola para todos!

Mil graciñas pola visita!!!


Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Make a photo slideshow

No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails