domingo, 30 de noviembre de 2014

Abelliña abelliña que vas libar, a qué sabe o néctar que vas probar?

Unha das palabras novas que aprendemos esta semana foi LIBAR, que é o que fan as abellas cando van á flor: recoller o néctar coa súa lingua en forma de palliña para levar á colmea.
Nós non temos lingua en forma de palliña, pero solucionamos este problema rápidamente. Ademáis, coas patiñas recollemos dous grans de pole.
O xogo consistía en adiviñar de que sabor era o néctar da flor que cada un elixiu (laranxa, mazá ou melocotón), unha estupenda actividade sensorial e ademáis moi divertida!
Este foi o noso traballo:



Libar from Tegriña on Vimeo.

No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails