domingo, 8 de junio de 2014

Traballo cooperativo e descripcións

Unha das cousas que máis intentamos traballar este ano os koalas foi o TRABALLO COOPERATIVO, porque é moi importante para a vida en moitos aspectos: aprender a organizarse, a tomar decisións en equipo, a respectar o punto de vista dos outros, a organizarse, a debatir e chegar a conclusións… A deixar un pouco en segundo plano o EU e tomar conciencia do NÓS.
Esta actividade pode parecer moi sinxela, pero en realidade non o é tanto. Por parellas debían elixir unha foto dun coche (costoulles bastante coordinarse para elixir a mesma) e, despois de observala  moi ben, describir a imaxe e decorar o fondo.
Fixémola dúas veces o mes pasado, variando as parellas, e a forma de traballar en cada equipo foi moi diferente: dende os que se organizaron perfectamente na tarefa compartindo responsabilidades e opinións, ata os que delegaron totalmente no compañeiro, pasando por algúns que tiveron dificultades para resolver as diferenzas de opinión.



Descripciones from Tegriña on Vimeo.

1 comentario:

Ana Martínez dijo...

Un traballo fantástico. Unha aperta.

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails