jueves, 29 de mayo de 2014

Momentos de reflexión...

Os koalas xa levamos tres anos no cole (algúns un pouquiño menos) e agora toca REFLEXIONAR sobre todo este percorrido que fixemos xuntos.

Esta semana estivemos recordando tooodo o que aprendimos e traballamos neste tempo e pensando qué actividades nos gustaron máis e cales menos, e por qué. A súa voz e moi importante para nós, e os mestres aprendemos moitísimo ao escoitar as súas reflexións.

Despois de dialogar en grupo, cada un reflexionou individualmente pegando pegatinas de cor verde, amarela ou vermella (según lles gustara moito, pouco ou nada) en cada un destes ítems:




Despois de facer o reconto, utilizamos a app Chartmaker para introducir os datos e comprender o significado das gráficas de barras e os "queixos".

Aquí vos deixamos os resultados para que
saquedes as vosas conclusións. As gráficas de barras son as súas opinións sobre cada actividade e os queixos indican a cantidade de nenos que a sinalou como "favorita" (clicade nas imaxes para velas máis grandes):




A súa "lectura" dos gráficos deixoume abraiada. Atención aos seus comentarios!

- "Rosalía nos gustó mucho porque hay más verde"
- "Y Picasso también"
- "Picasso empata con Rosalía"
- "Y Klimt si fuese una carrera quedaría de tercero porque tiene poco rojo"
- "Celso Emilio y Klimt nos gustaron menos"
- "Nos encantó trabajar con el iPad y también hacer cosas de cocina, que es el segundo quesito más grande".


Alucinante!!! Bravo Koalas, canto aprendo con vós!!!

No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails