sábado, 31 de mayo de 2014

Aumentando un coche

Os koalas levamos xa varios meses traballando con códigos QR, que están no noso contorno por todas partes e é importante que coñezan a súa utilidade.

- Buscamos na nosa casa, pola rúa, en revistas, contos... E fixemos na aula unha pequena "exposición" que escanean libremente cos iPad cando queren para ver qué "sorpresiñas" esconden.

- Formaron parte das nosas "ENSALADAS DE PALABRAS" como reforzo auditivo.

- Analizamos cómo son, porque parecen todos iguais pero en realidade non o son.

- Pensamos noutros "códigos" que coñecemos: postal, de barras...

- E como dato curioso, descubrimos que en Xapón o código que máis se emprega é o QR! Para todo!

Agora queríamos que os nenos interactuaran máis con eles para resolver pequenas tarefas, así que "aumentamos" un mural dun coche así:


Cada un dos equipos tiña unha "folla de traballo" na que debía ler as preguntas e buscar as respostas nos QR do mural. Xenial!!!
Non foi un traballo doado, xa que tiñan que:
- Ler e escribir.
- Organizarse e coordinarse para que todos os membros do equipo participaran na tarefa.
- Pensar qué QR debían escanear para responder ás súas preguntas.
- Ir contando cántos QR escaneaban para rexistralo tamén na folla.
- Dialogar, decidir en equipo e traballar de xeito COOPERATIVO.

Todo un reto para eles, que superaron con nota!!!!!

2 comentarios:

Iratxe dijo...

Que actividade tan creativa, útil e estimulante para os cativos.
Noraboa!!!

Tegriña dijo...

Graciñas!

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails