jueves, 13 de febrero de 2014

Evaporación

Despois do primeiro experimento no que a auga "se escapou" dos pratos e non sabemos a onde foi, hoxe decidimos tenderlle unha trampa: puxemos auga dentro dunha bolsa pero moooi ben pechadiña a ver se agora pode escapar.
Ao volver do patio atopámonos con isto:


Parece que auga está intentando escapar de novo, pero esta vez non pode. Rapidiño collemos a lupa para ver qué era aquelo "borroso" que se vía na bolsa:


"Vapor!", dicían algúns. Pero fixándonos moito puidemos ver unhas pouquiñas gotas polas paredes da bolsa. Pouquiño a pouco comezamos a comprender os cambios de estado da auga.


No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails