sábado, 7 de septiembre de 2013

Aí vén a conta atrás! e na escola comezamos con boas noticias!

Queda moi pouquiño para comezar o cole! E dende a escola xa temos moita enerxía... Enerxía que nos deu o libro Xabarín18 que xa temos nas nosas mans! Moitísimas grazas a todos os colaboradores/as por facer posible un soño!
Para os que aínda non saibades o que é Xabarín 18, aquí vos deixamos un pequeno resumo do no noso proxecto:
Todo comeza en Xaneiro de 2012, cando a EEI Monte da Guía e o CEP Sequelo de Marín nos enteramos que no mes de Abril, o noso Xabarín, cumpriría 18 anos...que decidimos? pois facerlle unha festa na escola a este gran animaliño que tanto fixo e segue a facer pola nosa lingua; a festa foi xenial (obradoiros de caretas, de camisetas, de debuxo...)!!! Tiñadesnos que ver a todos cantando as cancións en galego do programa! Foi tal a festa que ata dende o programa da TVG nos mandaron uns agasallos: CDs, camisetas paraugas, carnés de socio...; Nos, regalámoslle a Xabarín un billete de tren para que marchara de viaxe durante todo o ano (grazas as postais que mandou coñecemos lugares como Italia, Francia, Londres...); aprendimos a escribir o seu nome, a debuxalo, a saber onde vivía, cales eran os animais amigos...incluso a xogar con el no ordenador!!!....Bufff! Moitísimas cousas! Como nos gustaba tanto aprender con Xabarín, decidimos continuar e ir un chisquiño máis alá...As profes preguntámonos si toda Galicia pensaría o mesmo ca nós sobre Xabarín, así que decidimos poñernos en contacto con grandes referentes da cultura galega e que nos deran a súa opinión...e....SORPRESA!!! 26 Xaba-retratos que nos mandaron ilustradores como Ramón Trigo, Carrabouxo, Pepe Carrreiro entre outros grandes! e....MÁIS SORPRESAS!! 28 escritores e personaxes ilustres da nosa cultura nos daban a súa opinión de Xabarín!!!!Agustín Fernández Paz, Tonhito de Poi, Miguel Ángel Alosnso Diz, Juanillo Esteban, Xosé Carlos Caneiro, Suso Iglesias, Paula Carballeira, Pablo Novóa... Mentres pensabamos que facer con esta gran resposta, seguimos a traballar con Xabarín...decidimos organizar uns obradoiros no MARCO, para que algúns dos ilustradores que colaboraron nos ensinaran a súas técnicas de debuxo! Foi xenial! Ramón Trigo, Kiko da Silva, Pepe Carreiro, Uxío Couto, Augusto Metztli e Davida, fixeron para nós un fin de semana máxico.

A nosa escola xa estaba completamente Xabarinizada! Para darvos máis motivos....ata fixemos para a festa dos Maios, un dedicado a Xabarín, o famoso Xaba-maio! e así...entre "por fuciños e por cacheiras", pasounos o ano...e chegou o seguinte curso, onde aló polo mes de Decembro Xabarín marcha directo ao Culturgal en Pontevedra, para expoñerlle a outros profes de toda Galicia, o proxecto da EEI Monte da Guía e CEP Sequelo de Marín. Foi un éxito!!

Despois do Nadal, Xabarín seguía na actualidade!
Queriamos poñer fin ao proxecto, pero era imposible! Todo estaba relacionado con Xabarín! Sabedes quen veu a visitarnos ao cole? MORRIS!!! Quen mellor ca el ( a voz do mestre Mutenrohi en Son Goku) para contarnos secretiños de Xabarín! e a fin de curso que fixemos? Pois sí, unhas actuacións xeniais coas cancións de Xabarín ("Estou na lavadora", "Que calor", ou "Non todo é o que parece").

Como vedes...Xabarín cumprirá 20 anos neste mes de Abril e nós seguimos celebrando o seu 18 aniversario...Decidimos recoller toda a resposta a este proxecto nun libro e...tamén conseguido! Aquí está!!! Recén saído do forno! As profes non paramos de miralo...porque..."É UN PROXECTO CON ALMA E CORAZÓN, "QUE NOS SAÍU DE DENTRO, ALÁ DO FONDO" ".
Grazas de corazón a todos os colaboradores: escritores, ilustradores, músicos, actores, pais, nais, profes, escolas... Esperamos que o disfrutedes tanto coma nós.

Para máis info do proxecto, visitade a nosa páxina web: http://eeimontedaguia.wix.com/xabarin18

No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails