domingo, 2 de diciembre de 2012

Xabarín en Culturgal!

Unha enorme ilusión foi enchendo este proxecto e facendo crecer a Xabarín dentro e fóra das nosas Escolas. A comezos deste curso chega unha gran sorpresa: unha invitación para expoñer o proxecto de Xabarín18 en CULTURGAL, a casa grande da cultura galega.


E alí estivemos, rodeados de grandísimos profesionais que presentaron experiencias de traballo impresionantes nos seus Centros e cos que aprendimos moitísimo.



Os nosos teachers, María e Jose, fixeron unha boísima e emotiva comunicación, no que deixaron claro o fondo e o sentir deste proxecto, movido por un gran motor: a ILUSIÓN.

Parabéns, compañeiros, e graciñas por acender de novo esa luceciña no noso interior :)

PRÓXIMAMENTE NO NOSO FACEBOOK... A FOTO CON XABARÍN!!!!

No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails