lunes, 17 de diciembre de 2012

Algunhas frases célebres:

-YOURSRA, 4 anos: na clase de Atención Educativa, aprenderon unha canción cos Lunis sobre os dereitos humanos; un día a profe pregunta: "acordádesvos de esa canción tan chula dos Lunis na que aprendimos os dereitos humanos?" e di Yousra moi segura: "Yo siiiiiiiiiiiiiii!!! Lunis, martis, miércoles, jueves..."(tarareando a canción dos días da semana)

-YARA, 4 anos:
 Profe: Como se chama papá?
Yara: Churri. Profe: Como churri?
Yara: Si, mamá lo llama así.

 -LUCAS, 3 anos (fillo da profe Marta): Mándao a profe Raquel a dar un recado a clase de Marta e dille Lucas: "Mami, puedes ir, que ya vigilo yo a tus niños"; cando Marta volve, atópase a Lucas poñendo orden: "Como venga la PROFE MAMI os va a castigar a todos".

 -PABLO, 4 anos: Despois de que Alfonso de tres anos se puxera moi contento por poñer o mandilón de capa como batman, Pablo, despois dun tempo mirando para el, bota as mans a cabeza e di: "Ay, ayyy, que este se cree un superhéroe, madre mía...."

 -ALAN, 4 anos: "El profe San Jacobo aquel de Coruña...."

 -FRAN, 4 anos: Profe: Fran, hoxe traes os calzoncillos de Bob Esponja? Fran: Non, hoxe traigo uns máis sexies (ao mesmo tempo que mira a profe facendo levantamento sexy de cellas).

 -ISABELA, 4 ANOS: Despois de limpar un cristal que manchara con pintura de dedos durante un bo rato, cando acaba di un pouco ofendida: "Ala, venga, ahora ya podéis trabajar"

 -ALDARA, 5 ANOS: "Si, picadla, picadla, que para un día tranquilito que trae...." (referíndose a unha compañeira que ultimamente se levanta co pé esquerdo).

 Estas son só algunhas, pero poderíamos poñer mil máis! Non deixan de sorprendernos cada día!

No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails