miércoles, 11 de julio de 2012

Sorpresa, sorpresa!!!!!!


Nestes tempos de crise nos que a palabra que máis se escoita é "recortes", nos que a Escola Pública é degradada e pisoteada, unha pequena escola (A NOSA ESCOLA!), segue a traballar duro, a loitar por ofrecer aos nosos peques e familias o mellor do mellor. Porque cremos no que facemos, porque disfrutamos coa nosa profesión e, neste caso, porque temos unha das mellores compis do mundo mundial, a profe Elena, que traballou MOITÍIIIIIIISIMO este ano como coordinadora das actividades de Biblioteca e elaborou este fantástico proxecto co que conseguimos entrar no PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES para o vindeiro curso 2012/2013.

Neste enlace podedes ver a RESOLUCIÓN PROVISIONAL (http://www.edu.xunta.es/web/node/5222), nos que nos outorgan nada máis e nada menos que 5000 euros para gastos de Biblioteca (mobiliario, equipamento informático e fondos bibliográficos).

Como dicimos, é a resolución provisional (non definitiva), pero nós xa o estamos a celebrar, porque non é para menos!!!!!!!!!


No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails