viernes, 8 de junio de 2012

VOZ NATURA CHEGA Á NOSA ESCOLA!

Voz Natura é un programa de educación medioambiental da Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre, que ten por obxectivo implicar á comunidade escolar de Galicia, no coñecemento, recuperación e defensa da natureza. Na procura de todo isto, cada ano convoca a todos os centros de ensino de Galicia, a presentar un proxecto medioambiental acorde co seus obxectivos. Os centros seleccionados, reciben como agasallo, o asesoramento de persoal cualificado e unha axuda económica para poder desenvolvelo.
Este ano, dende a nosa escola presentamos un proxecto para desenvolver o vindeiro curso, que leva por título “Unha escola de cores e olores con moitos sabores e flores”. ¡ESTAMOS DE NORABOA!, ¡FOMOS SELECCIONADOS!. Grazas as axudas que recibiremos, melloraremos o noso contorno escolar e desenvolveremos actividades cos pequenos, que lles axudarán a coñecer, coidar e respectar o noso medioambiente. Traballaremos aspectos que conforman o currículo da Educación Infantil, dun xeito lúdico, práctico e contextualizado, aproveitando a riqueza natural da nosa escola e do noso contorno, para aprender a facer un uso responsable e solidario, de todos os seus recursos.

No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails