sábado, 30 de junio de 2012

ATA SEMPRE

Un Setembro vin chorando nun coche para Vigo, e hoxe voume chorando no mesmo coche.
Neste cole aprendin moitísimas cousas destas profes que sin pretendelo fixeron posible que eu volvera a ser eu.
De Rachel aprendin as ganiñas de facer ben as cousiñas.
Tamén aprendin dunha boa castellana que coa imaxinación podemos soñar todo o que queiramos.
Que os chourizos dunha avóa de Verín son os mellores, non si Teacher?????
Que o primeiro café da maña é o mellor, e aínda máis co azucre que lle pon a miña Chusiña.
De Martuqui aprendin que as bolboretas poden voar todo o alto que nós queiramos.
E da miña Moniquiu que un amigo é aquel co que se pode pensar en voz alta.

GRACIÑAS POR CADA UN DOS MOMENTOS VIVIDOS.

2 comentarios:

Marta dijo...

Ayss, Laurinski, canto te imos botar de menos!!!!! Estarás sempre nas nosas conversas cada vez que a algunha se lle escape algunha das túas "palabrejas", cada vez que os "chipiróns" entren pola mañá no cole, cada vez que "abra a cafetería", cada vez que enchufemos a plastificadora, e cada vez que pasemos por diante do teu "currunchiño".
Non te vas librar de nós tan fácilmente, ou iso pensabas????
Aquí seguimos (no cole, no teléfono e no ordenador), para todo o que necesites e cando queiras, e agardamos a túa visita pronto neste cole que ten TANTÍSIMA MAXIA.

BICOS, BICOS, MILLÓNS DE BICOS, e mil graciñas por alegrarnos cada mañá co teu sentido do humor único e irrepetible!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

Muuuuaaaaaaaaa!!!!!!!!!!

xa sabes quen dijo...

Eu tamén aprendín moooitas cousas, entre café e café, Lauriña. Unha delas é que xa sinto o vacío que deixas,as tuas coñas, motes, caras, miradas...e que coma especialista de AL, no Monte da Guía sementache unha nova linguaxe: o "Laurés", xa para sempre. E que a maxia e o humor sempre ten sido unha boa alianza.
Grazas mil, e xa sabes...non te fagas "a desaparecida" ,eh?Biquiños, biquiños e máis bqñs.

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails