viernes, 15 de junio de 2012

¡AS PROFES IMOS Á ESCOLA!



O longo deste curso, as profes imos á escola. Participamos nunha morea de actividades de formación, co fin de mellorar o noso traballo, de aprender mais para axudar aos nosos peques, e tamén de compartir o que facemos con outros Mestres. Estas foron as actividades :
  • CURSO: “Formación de Equipos Directivos” en Santiago de Compostela.
  • GRUPO DE TRABALLO “As TICS na educación infantil” en Vigo.
  • XV XORNADAS DE EDUCACIÓN INFANTIL en Santiago de Compostela.
  • GRUPO DE TRABALLO “Dinamización do centro dende a biblioteca” en Vigo.
O próximo ano, seguiremos formándonos para mellorar o funcionamento da nosa escola. Desexamos axudar ao noso alumnado e dar resposta ás súas necesidades, co fin de fomentar o seu desenvolvemento físico, afectivo, social e intelectual.

1 comentario:

lameirinha dijo...

Fin de curso e ninghun botou corpo non o pode cre

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails