lunes, 14 de mayo de 2012

Desvelamos nova ilustración! De David Buceta

DAVID BUCETA, debuxante que creou o fanzine “Sinónimos de Lucro” en 2009. Leva desde 2005 traballando nas tiras cómicas mensuais de “El Ángel Golondrino” para Ondas de Arosa, da Parroquia Santa Eulalia de Arealonga. Participou en diversas mostras co colectivo Nenos Pintores de Arousa e organizou exposicións vencelladas ao seu fanzine. Debuxou guións de David Braña en Culebra Cómics nº1 (FX Gràfic 2006) e Rip Culebra nº1 (FX Gràfic 2007). Na mesma editora tamén ilustrou argumento de Fx Pérez, en Los Barrufos e fixo un cómic de dez páxinas para La Selva de Cristal. En 2008 continuou traballando para FX Gràfic, desta volta na revista erótica Femme X números 1 e 2, de novo en colaboración con Braña. Recuncou con Pérez en Wat-man: El Caballero Opaco, doutra volta publicado por FX Gràfic.
Para máis información aquí vos deixamos o seu blogue: http://davidboceta.blogspot.com.es/p/david-buceta.html

No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails