domingo, 15 de abril de 2012

XA CHEGA O XABARÍN¡¡¡¡

Xa somos parte da historia pequena da Radio Televisión Galega e xa queda menos para a maioría de idade
Espazo normalizador da lingua galega Un dos fenómenos curiosos mencionados polos afeccionados e seguidores do espazo da Galega é a súa forza como axente normalizador lingüístico, xa que os rapaces aprenderon a lingua e as expresións máis enxebres do galego grazas a personaxes coma Son Gokuh, en toda a súa seguida e aclamada saga de animación manga. Precisamente, en agradecemento ás súas achegas á lingua galega están a desenvolverse diversas iniciativas particulares para festexar o 18 aniversario do Xabarín, como é o caso de dous centros de ensino da provincia de Pontevedra, o CEP de Sequelo (Marín) e o EEI Monte de Guía (Vigo), que se uniron para vivir este mércores unha celebración por todo o alto. Implicáronse de tal xeito que artistas da talla de Ramón TrigoQuico Da Silva,CarrabouxoPepe Carreiro e así ata un total de 18 ilustradores galegos deseñaron cadansúa versión sobre o Xabarín. Estas ilustracións pasarán a formar parte dun libro que contará cos textos de Marcos Calveiro e Alfonso Eiré na súa parte narrativa. Ao longo do mércores á mañá os rapaces destes centros de ensino gozarán de obradoiros de cociña, música, sortearase un billete de inter-rail e descubriranse as creacións dos ilustradores sobre a mascota infantil da Galega. 


No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails