miércoles, 14 de marzo de 2012

Primeira xornada de prantación

Esta mañá puxémonos todos mans á obra e levamos a cabo a primeira xornada de prantación, poñendo a punto o xardín, a horta e o recuncho das prantas aromáticas.


Organizamos o terreo, cavamos, prantamos, regamos, quitamos as malas herbas... Unha boa faena para unha mañá soleada e "primaveral" coma a de hoxe. E aínda temos moito que facer!!!

Graciñas a todas as familias polas aportacións de sementes, flores, prantas, etc!!!!



E como agasallo por traballar tanto hoxe, un xogo chulísimo para facer caras con froitas e vexetais!!

Premede na imaxe!


No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails