viernes, 9 de diciembre de 2011

Os koalas van de viaxe

Hoxe tivemos moitísimas sorpresas na aula dos koalas:

- Comezan a chegar as estreliñas navideñas decoradas polos peques e as súas familias (chulísimas!).

- Visitounos NUBECITA, a mascota de Santi, que se portou moi ben toda a mañá. Encantounos recibir a súa visita!

- Yara trouxo O LIBRO DAS SETE LÚAS e explicou xenial aos seus compis cantos nomes cariñosos ten na súa casa.



E a viaxe?

Pois sí! Hoxe os koalas fixemos unha viaxe moooi longa. Claudia contounos que o seu pai estivo estes días nun sitio que se chama BIRMANIA, e que ela quería ir tamén. Así que, abrochamos os cintos, e alá marchamos!!!




Ademáis, Claudia tamén nos contou que o seu pai lle trouxo moitos instrumentos de cor lila, de cor coral, verde... Pero azul non, porque en Birmania non hai cor azul.
E que "¡son uns pesados en Birmania, que comen moito arroz! ¡Comen arroz de día e de noite!"

Na nosa viaxe descubrimos que en Birmania tamén hai herba, e casas... Foi moi interesante! Seguro que viaxaremos a algún outro sitio no que queda de curso.

Un bico grande e moitas grazas polo agasallo, encantounos a ra!!!!


No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails