martes, 5 de julio de 2011

SOMOS DONOS D@

O último dos nosos proxectos videográficos naceu coa vontade de continuar no tempo. Se vos fixades o video non ten final, pretendemos que mais xente nos deixe o seu granciño de area en forma de palabra galega.  As prisas son malas conselleiras e ao ter que facer 2 ou 3 ou 4 cousas ao mesmo tempo, pasan cousas como grabar por riba de aportacións doutra xente, son deficiente ás veces, ruido infernal pola hora á que foi grabado e moitos outros sucesos que algún día contarei. De tódolos xeitos, o poder contar con tanto galego diante da nosa cámara foi para o que estaba tras dela un momento moi agradable e divertido, como espero que o fose para todos estoutros galegos,  vellos e novos, das catro provincias e de alén do mar, do Cabo Verde e do Brasil, de Colombia, de Arxentina, de Venezuela, os novos, os que levamos aquí mais tempo, os retornados, os que por sorte ou por desgraza volven ter que irse fóra...  pais, nais, avós, tíos, tías, netos, fillos, sobriños, irmáns, alumnos, mestres, persoal do comedor.... que viñeron e nos deixaron unha palabra da que quixeron ser donos.


A TODOS AQUELES QUE POR ALGÚN MOTIVO FOSE TÉCNICO OU DE TEMPO NON APARECEDES NO VÍDEO, ATA O 31 DE XULLO PODEDES MANDAR OS VOSOS VIDEOS, GRABADOS CO MÓVIL, A CÁMARA DE FOTOS, DE VIDEO, Á SEGUINTE DIRECCIÓN DE CORREO
 eei.montedaguia@gmail.com

No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails