jueves, 16 de junio de 2011

PARA VÓS

Algunhas veces é moi difícil expresar con palabras o que sentimos…Pecho os ollos e veñen a miña mente centos de imaxes, comentarios, voces, sorrisos,… anaquiños do vivido cos vosos fillos/as durante estes dous anos.
Alédome enormemente de formar parte da vida deses nenos/as tan marabillosos/as e que eles formen parte da miña. Foi un camiño ás veces duro, con algunha dor de cabeza pero sempre superado polos momentos divertidos, espontáneos, inxeniosos, cariñosos,…Como dixo unha das miñas alumnas á súa nai “que imos facer con Mónica!”…que vou facer eu sen eles!.
Podería decir tantas cousas de cada un!!!!!. Hainos tímidos, agarimosas, tercos, tranquilos, alegres, serviciais, creativos, inquedas, tenros, inxeniosos, románticos, soñadoras, graciosos, preguizosos, pacíficas, mandóns,… Cada cal, coas características que os fai únicos/as e preciosos, foi ocupando un anaco do meu corazonciño para sempre.
Graciñas por estes cursos de tanto cariño, amor, comprensión,… foron os máis emotivos dos que levo traballado. Pouco a pouco, con paciencia, nos fomos coñecendo, adaptando e queréndonos moito.
E como di a miña alma xemelga: gustaríame ver por un buratiño que é das súas vidas. E que tanto na dela como na miña quede reflexado parte do vivido.
Moni

No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails