jueves, 5 de mayo de 2011

PROXECTO NOVO?

Pode ser un novo proxecto?.Como xa sabedes, no noso cole partimos dos intereses d@s rapaces e rapazas. Este trimestre imos traballar sobre as árbores. Pero como a "cabeza non para" poida que os maiores tamén teñan certo interese sobre este animal tan interesante e con este nome tan fermoso, non si?: a xoaniña


Xoaniña voa, voa,
co teu pai vai no muiño
e túa nai no Porriño
que che ha de traer
uns zapatiños
de cu de ratiño.

Doaniña, Santa Teresiña, Voaniña, Ghaliña de Deus, costureiriña... son só algúns dos nomes que recibe por toda Galicia este famoso insecto.

No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails