viernes, 27 de mayo de 2011

O GALO CANTA, A GALIÑA CHORA

Feedback iso é como os anglosaxóns denominan a dobre vía de interrelación que ten lugar en todo proceso educativo; do mestre ao alumno non é a única vía no proceso, moitas veces ocurre como esta mañá que son os alumnos os que cos seus intereses ou motivacións cambian o mesmo, e porque non decilo educan ao propio mestre.
Esta mañá Aldara, da clase de 3/4 anos, dóuselle por cantar esta canción tradicional galega que o que non temos moi claro e se lla ensinou a súa avoa ou a súa bisavoa. O conto é que ao resto dos meniños encantoulle e craro o luns teremos que idear algo para ensinarvola tamén. Mentras tanto e como anticipo deixámosvos a letra que nos ensinou Aldara (cantese con gheada) e unha versión mais longa e peor do que será a nosa feita pola Requinta da Laxeira.

O  GHALO CANTA,
A GHALIÑA CHORA,
PORQUE OS PITIÑOS
DURMIRON FÓRA.

No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails