domingo, 1 de mayo de 2011

MAIOS 2011

Ata mediados do século XII o costume dos Maios estendíase ó longo e ancho de toda Galicia, ainda que actualmente a súa área é moito máis reducida. Hai dúas variedades ben diferenciadas de maios según sexa o Norte ou o Sur da nosa Comunidade.
Nos Maios do Norte de Galicia fai de maio un neno, que recibe o nome de rei do maio, desfilando coas roupas totalmente recubertas con flores, edras, fiuncho, etc. Nos cantos fai de solista, mentras o seus acompañantes fan de coro, repetindo a estrofa que él canta. Despois piden lambetadas e cartos.
Os maios do Sur son os mais coñecidos. Son famosos os de Pontevedra e os de Ourense, pero tamén saen en Marín, Vilagarcía de Arousa, Redondela, Caldas de Reis, Allaríz, Valdeorras e Verín.
Nos de Pontevedra a estructura é de forma cónica, está feita con varas e mimbre, recuberta con fiuncho, edras, espadañas, etc... e adornándose con flores, naranxas, bandeirolas de papel, cáscara de ovo, etc... O cerimonial incluía o roubo, máis ou menos encuberto, dos elementos necesarios para a construción do maio. O neno que fai as veces de solista agóchase dentro do maio, mentres os demais compoñentes do grupo dan voltas calados o seu redor. Cando o solista cala os que están xirando repiten a misma estrofa dando golpes no chan con fungueiros. As letras das coplas maioritariamente soen ser de tono crítico, burlón ou satírico. A melodía das cantigas varía tamén lixeiramente dunhas vilas a outras.



Nalgunhas vilas mariñeiras ademais da típica estructura cónica aparecen tamén maios en forma de barco,ás veces feitos de productos vexetais inda que maiormente son maquetas de gran tamaño de barcos pesqueiros. Exemplos destes "maios" ídelos poder ver no vídeo. A melodía destes barcos é completamente diferente á dos maios cónicos


Os maios de Ourense diferéncianse dos de Pontevedra principalmente polos materiais e pola forma, pois ainda que se dá algún piramidal ou cónico, os mais abundantes son os de forma caprichosa: potes, horreos, cruceiros, cruces, etc... Outra característica que os diferencia e que os nenos que fan de coro non dan voltas golpeando con paus, se non collidos da man.

No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails