lunes, 9 de mayo de 2011

EFECTO CHROMA KEY

En moitas das películas de Hitchcock podían notar cando os actores entraban nun coche que a acción que se vía a través das ventaniñas era un movemento extrano. Era o que os técnicos chamaban "transparencias" i eran escenas totalmente gravadas en estudio e para as que se botaba man de videos pregravados que daban sensación de movemento. Este efecto, hoxe en día, utilízase en infinade de escenas e conséguese en escenarios totalmente forrados (chan, paredes e teitos) dunha tea verde ou azul fosforescente.
Pequenos anacos desta tea veñen ás veces, que non sempre, con certo software de edición de video. Mais se queres fabricar un pequeno "estudio Chroma Key" deixámosche aquí unha proposta que reune un precio e unha calidade bastante aceeptables; e por suposto probado por nós.

1. Con cartulinas fluorescentes de cor verde forras o espazo que necesites. Nós pegámolas nun fondo de papel pergamino.



2. Colocamos aos nosos actores diante da parede forrada coa cartulina


3. En calquer software de Edición de Video medio, xa non digamos avanzado, tes a opción; por non complicarnos demasiado a vida e porque nos parece intuitivo e suficiente para o que imos traballar eliximos o Cyberlink Power Director (pero vamos que os softwares de Pinnacle, de Adobe e outras marcas téñeno tamén).  Colocamos cada video no seu respectivo lugar na liña de tempo...


4. Selecionamos aplicar clave cromática e axustamos a intensidade ata conseguir un resultado alomenos aceptable. Con isto e un pouco de imaxinación podes mandar aos teus rapaces a Exipto, a Lúa, a un castelo medieval, á pola dunha árbore...


No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails