domingo, 3 de abril de 2011

WII-LLARDA, O PRIMEIRO XOGO GALEGO PARA WII

O luns día 1 de Abril aparecía nun blogue galego especializado en videoxogos esta nova que supoñía un gran paso pàra a normalización da nosa lingua, nese día non subimos a noticia por aglomeración de traballo. Hoxe que xa estamos mais liberados subimos o post tal e como os da Memoria Pixelada no lo ofrecían.


A división galega de Nintendo España vén de anunciar a o primeiro videoxogo dedicado ao noso deporte popular: A Billarda. Así é, un acordo entre a Liga Nacional de Billarda e a compañía nipona fará posíbel que para este verán teñamos o primeiro xogo integramente galego para unha videoconsola doméstica. O proxecto recibiu o nome de LNB Live, aínda que segundo filtracións da LNB todo indica que o nome definitivo será Wii-llarda. O xogo será desenvolvido pola compañía galega Gato Salvaje e contará co apoio económico de Galicola, Eroski e as tres universidades públicas galegas (USC, Uvigo e UdC).

Grazas a Deus que non se me ocurriu publicar esta xenial broma dixital do 1º de Abril, onde van os burros...

No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails