martes, 22 de marzo de 2011

花見 CHEGA A PRIMAVERA

Chega a primavera e chega para todos, incluso no Xapón un país que parece abonado estes días á parte mais terrorífica da Natureza, seguro que tamén chegou esplendorosa coas súas cerdeiras en flor.
Unha das tradicións mais fermosas dun país de costumes milenarios e amante das árbores é o Hanami, consistente en observar a beleza das froles. Asociase ao período no que frolecen as cerdeiras e na que os xaponeses acuden en masa aos parques e xardíns a contemplar as cerdeiras en flor. De finais de Marzo a principios de Abril, estas árbores frolecen por todo Xapón.
O pronóstico de florecimiento é anunciado cada ano pola oficina de meteoroloxía. Nesta celebración, a xente diríxese aos parques a contemplar as cerdeiras en flor, e habitualmente realizando un picnic, coa familia ou coa empresa.


Se queredes ver algunhas fotos mais da celebración do Hanami non dubidedes en visitar este blog.
Sen termos que ir tan lonxe, ata fai ben pouco, a vida do noso pobo era unha vida ligada á terra e por ende ás estacións. E como entre outras cousas a primavera esta ligada dende tempos inmemoriais á poesía (o día de hoxe está tamén adicado ao día da Poesía), na voz de Paloma oiredes esta pequeniña copla popular provinte da nosa rica tradición oral.

Canta cuco, canta cuco,

que tamén canta a bubela,

cantan os paxaros todos

no tempo da primavera.



No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails