martes, 1 de febrero de 2011

125 ANIVERSARIO DO NACEMENTO DE CASTELAO

Neste ano celébrase o 125 Aniversario do nacemento dunha das personalidades mais destacadas dentro da cultura e a política galega. Polifacético novelista, debuxante, caricaturista, pintor, teórico do arte e político, na sua obra sempre se reflectiu o seu compromiso con Galicia. É, sen dúbida, a figura señeira, da cultura galega e o galego mais importante do século pasado. Unha das súas facetas mais coñecidas é a debuxante e caricaturista, os seus debuxos complementados con textos agudos amosan a realidade galega que lle tocou vivir e moitos foron publicados no seu libro "Cousas".



-Porque non lle das de comer ao can?
-Porque non traballa...
-Pois entón, por que non o matas?
-Para o que come...
Un dos seus mais fermosos poemas é este "Lela",que conta con innumerabeis versións musicais e aparecía formando parte da sua obra de teatro "Os vellos non deben namorarse". Na inconmensurable voz da cantante galego-portuguesa María do Ceo deixámosvos esta marabillosa versión

No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails