jueves, 23 de diciembre de 2010

PANXOLIÑAS E REIS

Dende a Coruña chéganos esta panxoliña do mesmo autor das "Campás que resoan" que estaba naqueloutro disco de temática navideña que vos presentamos no blogue chamado o Quiquiriquí. O autor forma parte da Asociación Cultural "Os Gaiteiriños"; son de Coruña e servirá para felicitarlle as festas ao noso compañeiro koruño e para que se mellore do gripallón que leva enriba.

E da Coruña volvemos á provincia de Pontevedra para escoitar como nos cantaron os reises a Asciación Cultural "Os Chichisos" que como tódolos anos saíran ás rúas de Pontevedra o día 4 de Xaneiro, cun grupo de rapaces voluntarios para tratar de recuperar unha das nosas mais fermosas tradicións, a dos cantos de reis.

No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails