jueves, 21 de octubre de 2010

SAMAÍN. A NOITE DOS CALACÚS

Xa imos contando os días que quedan para o día 31, no que se celebra o Samaín e no que moitos de vós poredes nas vosas casas unha destas cabazas artisticamente adornadas cunha candea dentro. De boas a primeiras pode parecer que isto do Samaín é algo alleo a nós, un invento das películas americanas onde os rapaces saen polas rúas a pedir doces. Nada mais lonxe, sin ter ningún nome en especial e sen todo o que o rodea hoxe en día, en moitas zonas rurais de Galicia, nese día os rapaces saían á noitiña polos carreiros, coas súas cabazas espetadas en paus (para dar a impresión de que eran persoas) e escondidos detras de matogueiras abaneaban os paus cando oían pasar a algún vivo. Imaxinádevos o susto da persoa, naqueles tempos onde os camiños non estaban alumeados como agora. A fume de carozo, do carreiro ás súas casas co medo no corpo¡


E de onde vén todo isto? preguntarédesvos. Pois parece ser que vén dos celtas, un pobo que vivíu fai moito tempo en Galicia e do que poideron ver os nenos de 5 anos, as súas casas no Castro. Para eles o aninovo comezaba o 31 de outubro, marcando a transición entre o outono e o inverno. A importancia destas datas para os celtas residía en que coa chegada do inverno había que empezar a almacenar alimentos para os duros meses que veñen por diante.
Como tradición neses días, os celtas amontoaban as caveiras dos seus mortos e dos inimigos e pintábanas, para meter o medo no corazón da xente. Poñíanlles unha candea dentro e posiblemente sexa de aí de onde veña o de facer ese día cabazas, que se asemellan a caveiras, con candeas dentro.
Os celtas non só viviron en Galicia, senón noutros sitos como Irlanda, Escocia ou Galés; e cando os descendentes desta xente que vivían nestes sitios tiveron que emigrar aos Estados Unidos, levaron consigo os seus costumes, entre eles o de Halloween. E é por iso que o vemos nas películas americanas.

No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails