miércoles, 27 de octubre de 2010

ANXO MOURE E OS SEUS CONTOS SOLIDARIOS

O proxecto Contos Solidarios nace no ano 2000 da mán da ONGD chantadina Bicis pola Paz, sendo monitorizado polo colectivo de educación ambiental Papaventos e financiado pola convocatoria de sensibilización de Cooperación Galega (Xunta de Galicia). Contos Solidarios percorreu xa moitas escolas de Galicia e visitou a máis de 60.000 nenas e nenos co obxectivo de sensibilizar e concienciar as/os alumnas/os sobre a necesidade dun compromiso solidario coa xustiza e a liberdade, empregando como ferramenta lúdico-pedagóxica o conto, a poesía, o humor, a mímica…..Tamén na nosa escola estiveron Anxo Moure e o seu paztinete solidario, facéndonos disfrutar dos seus contos.




Tamén vos deixamos un link a varios dos seus contos http://www.contosolidarios.org/contos.htm

No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails