martes, 21 de septiembre de 2010

OS PRIMEIROS DÍAS DO NOVO CURSO

Despóis dun merecido descanso xa tiñamos ganas de atopar aos compañeiros. Con algúns seguro que compartimos xogos tamén no verán , pero a outros tiñamolos un pouco afastados. Por fin voltamos velos... todos topámonos moito mais altos (cousas do medrío); normal, todos temos un ano mais. Estes primeiros días de cole sírvennos para difrutar cos amigos e os profes e para retomar hábitos e rutinas que tiñamos un pouco esquecidas; e tamén para traballar un chisquiño. De tódolos xeitos o que mais botabamos de menos é o patio, tan cheo de froiteiras e onde tan ben o pasamos o ano pasado.

No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails