lunes, 26 de julio de 2010

O CENTRO ETNOGRÁFICO DE TERRA DE MONTES

O verán non ten porque ser únicamente turismo de praia, sempre podemos facer un oco para o turismo cultural. E para que vexades co interior tamén existe, un dos sitios que mais nos gustou foi este centro etnográfico situado en plena Terra de Montes, en Soutelo de Montes no concello de Forcarei, a uns 60 km. de Vigo. O centro está situado nunha típica casa labrega da zona e conta cunha ampla exposición permanente de obxectos que ata non fai moito eran normais en calqueira casa dos nosos pobos. Malia a non ser un museo non sentido estricto da palabra conta con distintas zonas onde poderemos aprender como era a vida é como traballaban os nosos avós, con estancias adicadas as distintas labouras tradicionais: cereiros, ferreiros, canteiros, carpinteiros, tecelás, serranchíns...

Destacar ademais a amabilidade coa que nos recibiron, a pesares de que o Museo só abre os fins de semana, non tiveron inconvinte en abrilo unha tarde e explicarnos detalladamente a utilidade de tódolos obxectos alí expostos. Se está fechado e tedes a sorte, coma nós de topar ao señor que vive ao lado da fonte cercana ao Centro, ides, grazas á sapiencia deste home que é unha auténtica Enciclopedia da cultura popular da zona, saír encantados da visita e cun mellor coñecemento do noso pasado mais recente.




http://www.cetmo.info


Como curiosidade engadida ides poder contemplar unha rareza arquitectónica situada preto do centro, un maxestuoso palacete construido nos anos trinta de estilo Modernista e con influencias da arquitectura de Gaudí. O palacete é de propiedade privada e está á venta, se algún se anima xa sabe. O prezo debe rondar os 500.000 euros...


No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails