martes, 16 de diciembre de 2008

O carteiro real




O pasado xoves tivemos unha visita especial, estivo no cole o carteiro real coa súa paxe Catalina. Entregámoslle as cartas que fixeramos para os Reis Magos, pero ¿sabedes o que nos dixo? que el non é mago, os magos son Melchor, Gaspar e Baltasar, que como xa todos sabedes viven en Oriente. El mándalle as cartas, pero son eles os que fan o traballo.


Tamén cantou unha canción, pero nós deixámolo abraiado cando lle cantamos a panxoliña "buscando unha estrela". Que por certo se vós tamen queredes disfrutar da nosa interpretación, non tedes mais que vir o venres 19 ao cole, a iso da unha (pero sede puntuais, porque o facemos tan ben que rematamos enseguida).

2 comentarios:

Anónimo dijo...

FELICIDADES POR LAS 8000 VISITAS AL BLOG, CARAY SOMOS LA COMPETENCIA MÁS FUERTE PARA YOUTUBE.

Mil Folhas dijo...

Feliz Natal do Reino Encantado das Almofadas :)

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails