domingo, 9 de noviembre de 2008

Visitounos a profe Marta



O mércores recibimos unha visita sorpresa, a profe Marta. Cando chegou quedamos todos e todas calados, preguntaramos moitas veces por ela ás outras profes e agora que estaba alí non sabiamos que dicir.


Ademais estaba máis gorda que ao remate do curso pasado, pero non porque tivese comido moito, non, é porque está embarazada, ¡e de xemelgos!


Ensinounos unha foto do seu fillo e da súa filla. A foto non era como as nosas, e víanse un pouco raros, pero gustounos moito. O que non acabamos de entender foi como lle puideron facer as fotos. Xa llo preguntaremos outra vez que volva.

3 comentarios:

Marta dijo...

Anda, ¡qué sorpresa! ¡A profe Marta no blogue! jeje...

A verdade é que xa tiña moitas ganas de facervos unha visita, e estades tod@s guapísim@s e moi maiores!!!

Foi unha pena que non puiden ir ó Magosto, porque non me atopaba moi ben, pero xa vos visitarei outro día.

¡Moitos biquiños!

Anónimo dijo...

Wow que barriga tan preciosa! y sin duda la visita de marta fue "la noticia" de la semana, nos da mucho gusto saber que se encuentran muy bien los 3. Muchos besos! fam.valentina

LOS PINGÜINOS dijo...

¡¡Un besazo enorme para Marta y sus dos peques!!

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails