domingo, 23 de marzo de 2008

¡¡¡¡4000 millóns de grazas!!!!

É impresionante o que aumentaron as visitas estas últimas semanas... XA CHEGAMOS ÁS 4000... e por suposto fainos moitísima ilusión. Sabemos que sodes moitos os que nos ledes casi a diario e por iso queremos darvos de novo as grazas http://planetsmilies.net/not-tagged-smiley-10187.gif

Este proxecto que naceu co obxectivo de achegar máis a Escola ás familias, de crear unha canle de comunicación máis e de dar a coñecer as nosas actividades e experiencias, estáse convertendo nun intercambio moi importante entre colexios non só de Galicia, senón tamén de España.

Hoxe queremos dedicar esta entrada especialmente ás escolas que, coma nós, abren unha pequena ventana para amosar as súas experiencias e para compartir as súas vivencias de aula. A todos vós, grazas por abrirnos as portas dos vosos coles, grazas por entrar no noso e grazas polos vosos comentarios, que sabedes que son moi importantes para continuar crecendo.

Grazas ao Vagalume, o primeiro blogue dunha Escola que vin na miña vida e o que me inspirou para crear o noso. Aquí quero mencionar especialmente ás "chicas-TIC" Teacher Chus e Belén. Noraboa polo voso traballo e graciñas por estar sempre pendentes do noso http://planetsmilies.net/happy-smiley-708.gif

Millóns de grazas a Carol, que sei que nos visita casi todos os días (¡ou todos!) e que nos deixa moitos comentarios, e tamén noraboa polo traballo que levan a cabo no CRA Bajo Gállego de Zaragoza. Sabes que tamén nos gusta moito ler as vosas experiencias. http://planetsmilies.net/happy-smiley-45.gif

Graciñas tamén a Sapoconcho, á Galescola de Oia, ao CEIP de Aguiño e o seu Tendal de Calcetíns e tamén a mamiago. Deles tamén aprendemos moitísimo http://planetsmilies.net/not-tagged-smiley-10220.gif

E moitísima sorte coa súa nova andaina no "ciberespacio" aos Pingüíns de Escobedo en Cantabria (biquiños gordíiiiiisimos a Ele), ao CEIP Virgen de Begoña de Murcia (máis biquiños gordíiiiiisimos á "seño Caracol") , ao CEIP Pablo Picasso de Madrid (superbicos a Aida)... http://planetsmilies.net/happy-smiley-65.gif

Seguro que nesta lista de agradecementos queda algún no tinteiro... E tamén pode ser que nos visitedes doutros lugares pero nós aínda non vos coñecemos... ¡Non olvidedes deixarnos algún comentario cando nos visitedes! A nós tamén nos gusta "visitar" os vosos coles e, por suposto, saber o que opinades das cousiñas que publicamos.

¡Moitos biquiños a tod@s e graciñas por estar aí! http://planetsmilies.net/grinning-smiley-9519.gif

7 comentarios:

Lospequelibes dijo...

Felicidades por estas 4000 visitas y seguro que son muchos miles más. Sabes que me alegro mucho de haberte conocido, y de compartir nuestra ilusión por el trabajo. Un besito fuerte.

LOS PINGÜINOS dijo...

Gracias a ti, por hacer un trabajo tan estupendo, por la ilusión y el cariño que le pones a todo, por compartir algo tan bonito con nosotros y por ser cómo eres.

Un besazo enorme y ENHORABUENA!!!!

Ele

Anónimo dijo...

Moitas felicidades por todas e cada unha desas visitas aínda que moitas delas son miñas (je je) non merezo as grazas fagoo con moito pracer.
UN besiño gordo e a por 4000 máis!!!

Sapoconcho dijo...

Pois que queres que che diga: grazas a ti por compartir todas esas cousas con nós. E esas 4000 visitas que se convirtan en 5000, 6000, 7000...... Biiicosss.

mamiago dijo...

Pero si estou na lista! Vaia, vaia.
Graciñas a vós.

Carolina Calvo García dijo...

¡¡¡Muchísimas gracias vosotros y en especial a mi queridísima Marta, que es un lujazo como persona y como maestra!!!

Cómo no voy a visitaros todos los días con las cosas tan preciosas que hacéis??? Es increíble ver vuestro trabajazo diario, y me encanta el mundo de los blogs porque en ellos se refleja el trabajo diario que hacemos en infantil a veces tan menospreciado.

Seguid así y no dejéis de contarnos todo lo que hacéis porque nos encanta!!!

Mil besazos!!!

aida dijo...

No había visto esta entrada. Enhorabuena por todas las visitas!!! Sois una escuela pequeña, pero haceis cosas muy grandes.
No tienes que dar las gracias, en este caso,soy yo quién te las tendría que dar por servirme de ejemplo en mi nueva andadura bloguera.
Muchos Biquiños

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails