jueves, 13 de diciembre de 2007

Visitamos a Exposición de Picasso

Hoxe por fin visitamos a tan esperada Exposición de Picasso na Fundación Barrié que, por certo, ¡foi un éxito!
Para os máis peques era a súa primeira saída, así que houbo emocións de todo tipo: nervios, alegría... e tamén algunha lágrima polo medo ao descoñecido.
A viaxe en bus foi moi divertida: pasamos polas casas dalgúns nen@s, iamos vendo a decoración de Nadal das rúas e os escaparates...
Pronto chegamos ó noso destino. Estabamos impacientes por ver os cadros de Picasso. Como eramos moitos, dividímonos en dous grupos para ver a exposición moi caladiños e con moita atención, xa que as monitoras explicaron cousas moi interesantes.
Despois fixemos uns debuxos con rotuladores e puxémolos nunha luz para formar un cadro xigante.

Aquí tedes unha pequena mostra para que vexades cómo foi o día. Esperamos que vos guste ;)


No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails