jueves, 6 de diciembre de 2007

6 de Decembro: Día da Constitución


Hoxe é o Día da Constitución, e onte no cole falamos dos nosos DEREITOS, dos nosos DEBERES, e tamén dalgunhas NORMAS que todos temos que cumplir. Con algúns contos clásicos quedounos moi claro que...

- Carapuchiña Vermella non ía á Escola. Con ela aprendemos que todos temos dereito á educación, e na escola temos que prestar atención.
- Os Tres Porquiños case quedan sen casa. Todos temos dereito a un fogar e nel temos que colaborar.
- O Patiño Feo era discriminado por ser diferente. Temos dereito a vivir en paz, debemos ser amigos e non pelexar.
- O Soldadiño de Chumbo rompeu unha perna. Todos temos dereito á sanidade, e debemos coidar a nosa hixiene corporal.
- E máis cousas importantes... Temos dereito a xogar, pero debemos as normas respectar... Temos dereito a dar a nosa opinión, e debemos escoitar con educación...

Tedes algúns recursos interesantes na páxina da Junta de Castilla y León e do Parlamento de Canarias.

No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails