domingo, 4 de noviembre de 2007

SuperNanny


Seguro que tod@s coñecedes o programa da SuperNanny, que podedes ver en Cuatro os venres ás 23:00h.
Por si alguén non o coñece, SuperNanny é un programa onde unha Psicóloga con moita experiencia na educación d@s nen@s axuda ós pais/nais a solucionar problemas cos fill@s (hora de comer, medos e pesadelos, rivalidades entre irmáns, rabietas...).
El País acaba de sacar unha colección que consta dun libro e un DVD, todos os sábados por 7,95€. Se queredes botarlle unha ollada ó primeiro número (o de hoxe) adicado á alimentación, témolo no cole para que podades velo. Persoalmente pareceume moi interesante.
Aquí vos deixamos os temas que van publicar e as datas, por se vos interesa:
- 4 de Novembro - Alimentación
- 10 de Novembro - Sono
- 17 de Novembro - Premios e castigos
- 24 de Novembroo - Autoestima
- 1 de Decembro - Agresividade
- 8 de Decembro - O xogo
- 15 de Decembro - Normas e límites
- 22 de Decembro - Estimulación
- 29 de Decembro - Cambios na familia
- 5 de Xaneiro - Medos e manías
- 12 de Xaneiro - Intelixencia emocional
- 19 de Xaneiro - O hábito de estudio
- 26 de Xaneiro - A hixiene
- 2 de Febreiro - Adaptación e relación cos outros
- 9 de Febreiro - Novas situacións
- 16 de Febreiro - Trastornos infantís

1 comentario:

Anónimo dijo...

Eu xa merquei o primeiro número e aínda que recoñezo que só coñecía o programa por comentarios da miña irmá e compañeiros do cole, sorprendeume gratamente. Saúdos e noraboa pola blog.

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails