viernes, 16 de noviembre de 2007

O Magosto

Hoxe festexamos o tan esperado Magosto, que este ano colleunos un pouco tarde, pero pasámolo... ¡¡¡xenial!!!
Viñeron os castañeiros para que puidésemos ver cómo asaban as castañas, sentámonos ó redor deles a esperar a que estivesen listas e despois fixemos un tren enorme para coller o noso paquetiño dun en un.
Tamén viñeron os nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria do CEP Santa Tegra, ós que tiñamos moitísimas ganas de ver. Estamos seguros de que o pasaron xenial xogando no patio e recordando vellos (e bellos) tempos.
Seguro que @s peques durmirán moito esta noite, ¡porque estamos tod@s cansadísimos de tanto xogar!

Aquí están algunhas das fotos (faltan moitas, porque non temos autorizacións da imaxe d@s nen@s de Primaria e non podemos publicalas).
BubbleShare: Share photos - Make some Thanksgiving Crafts!

2 comentarios:

Sapoconcho dijo...

Pasástelo ben, non si? Que festeiros son neste cole!

Tegriña dijo...

Sí que somos festeiros, sí, pero tamén moi traballadores, eh? jeje.

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails