sábado, 17 de noviembre de 2007

Marcelino propón unha nova actividade (3 anos)

Xa estamos rematando a segunda actividade con Marcelino que, por certo, foi un éxito. @s nen@s veñen moi contentos co seu conto e están desexando que chegue o momento de contalo. Con esta actividade conseguimos moitas cousas: compartir un obxecto persoal cos demáis, traballar a linguaxe oral e a técnica de contar contos, aprender novo vocabulario, respectar os momentos de silencio… Aquí tedes as fotos:
BubbleShare: Share photos - Delicious Christmas Recipes.


Agora queremos dar un paso máis: facer nós un libro. Así que propoñemos dúas ideas, para que elixades cal vos gusta máis:
1.- Inventar un conto entre todas as familias (tema libre, o que saia da nósa imaxinación). Será un libro viaxeiro que @s nen@s levan para casa durante 3 días e entre tod@s faredes unha páxina do libro.
2.- Facer un libro para coñecer culturas, costumes, formas de vida… de distintos países ou lugares, xa que na aula temos nen@s con raíces mexicanas, arxentinas, brasileiras, de distintas partes de Galicia… É unha forma moi interesante de coñecer outros “lugares do mundo”.
O importante desta actividade non é que o fagades vós, senón que traballedes conxuntamente cos nen@s nun proxecto colectivo de todo o grupo. Veredes como é unha experiencia moi bonita e interesante.
¡Esperamos as vosas respostas!

7 comentarios:

Barry & Chus dijo...

Este blog derrocha imaxinación e ideas.

Sapoconcho dijo...

Gústame a idea. O ano pasado, cada día, o encargado traía un conto da súa casa para contar nese día. A experiencia foi boa e todos estaban desexando que lles tocara. Este ano ímolo tentar cos de 4 anos, a ver como sae.

Tegriña dijo...

Seguro que sae ben. Na nosa clase foi un éxito, ¡e somos os peques do cole!
;)

Anónimo dijo...

Cualquiera de las 2 opciones parecen estupendas, Marcelino nos sorprende cada vez más y nos tiene a toda la familia esperándolo!! estamos deseosos de comenzar a escribir ese libro!! atte. pili, mama de valentina

Anónimo dijo...

Me hace una ilusión enorme que me estéis esperando con tantas ganas. ¡Estoy taaaaan contento en este cole!
A ver si se animan más papás y mamás a elegir una actividad y lo ponemos en marcha cuanto antes.
¡Un beso polar!

Anónimo dijo...

la verdad es que marcelino ha tenido mucho éxito en las casas. los pekes aprenden muchas cosas y cuando esta en casa todo lo quieren hacer con marcelino.me ha hecho mucha ilusión porque con esta actividad me he dado cuenta q mi enana se ha abierto más a la gente en el cole cuando antes le costaba hablar en público.
Enhorabuena!!!!!!!!!mama de iria fdz.

Tegriña dijo...

Pues no os preocupéis, que mientras dure la emoción y la motivación seguiréis disfrutando de la compañía de Marcelino ;)

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails