sábado, 10 de noviembre de 2007

Hábitos: O sono


Hoxe a SuperNanny aborda un tema moi importante: o hábito do sono. Xunto coa alimentación, é un dos primeiros hábitos que deben adquirir @s nen@s xa que, entre outras cousas, está comprobado cientificamente que unha mala calidade do sono disminúe as defensas e, ademáis, durante o sono aumenta a hormona de crecemento.
O papel dos pais e nais é moi importante, establecendo unhas rutinas que axuden @s nen@s a sentirse máis seguros, a ter confianza en si mesmos, a progresar na súa autonomía...
Algunhas recomendacións:
- @s nen@s en idade escolar deben durmir aproximadamente 10 horas,
- Debemos deitalos cedo, antes de que estean demasiado cansos ou nerviosos, mantendo sempre o mesmo horario e lugar.
- Non apresuralo para durmir; pasar un rato tranquilo despois de metelo na cama.
- Establecer unhas rutinas (baño, cea, conto...) que marquen ben este momento.
- Coidar o espazo: evitar ruídos, temperatura agradable...

Actualmente un 30% d@s nen@s sufre algún trastorno do sono, e a maioría están ocasionados por malos hábitos. Os máis comúns son o insomnio, os pesadelos, apnea, bruxismo...

Ensinar a durmir @s nen@s é moi importante, pero seguro que hai moitos temas que vos preocupan ou interesan, e vos gustaría que abordásemos no blogue. Podedes deixar aquí as vosas SUXERENCIAS para que busquemos información e tratemos tamén temas que vos poden axudar na vosa tarefa como nais e pais (chupete e biberón, problemas da linguaxe, normas e límites, hábitos...).

No hay comentarios:

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails